Os días 7,8 e 9 de Setembro do 2018
Estamos no mes de setembro e nel ten lugar unha das romarías con máis tradición da nosa contorna, a Romaría da Virxe da Armada, que como é de costume será os días 7,8 e 9 de setembro do 2018.
Para tal ocasión a organización ten preparado un programa festivo ben completiño no que non faltará o teatro a cargo dos veciños de Entrambosríos coa obra "Pista ou peste", a proxección da curtametraxe "Sobre a morte do Bieito" e como non a boa música a cargo do grupo Ciclón Show, a gran artista galega Pili Pampín, a orquestra Charleston Big Band, a disco móbil Fussion e a Banda de Gaitas do Concello de Celanova.
O día 9 haberá misas dende as 7.30 e ás 12.00 misa solemne e procesión ó igual que o domingo que tamén haberá oficios relixiosos durante toda a mañá e ó mediodía misa solemne.
Para os que gusten da boa gastronomía non faltarán os tradicionais postos de comida nesta celebración.
07 de Setembro do 2018