As alumnas e alumnos de pandeireta de Zarracós participarán na XII+I Noite de Fiadeiro en Villavidal - Ramirás

Será o vindeiro sábado,día 11 de maio do 2019

As alumnas e alumnos de pandeireta de Zarracós participarán na XII+I Noite de Fiadeiro en Villavidal - Ramirás

A Noite de Fiadeiro de Ramirás, organizada polo colectivo Rebulir, alcanza a súa trece edición. Un evento xa máis que consolidado no que a música tradicional e de ráiz é a protagonista indiscutible. Será o vindeiro sábado, 11 de maio de 2019, no lugar de San Andrés en Villavidal e nela particparán un gran número de agrupacións musicais entre as que se inclúen os alumnos e alumnas do curso de pandeireta de Zarracós.

Dende esta páxina web animámosvos a que visitedes esta cita festeira na que atoparades un pouco de todo: agrupacións tradicionais chegadas desde todos os recunchos de Galicia, postos de artesanía, obradoiros, postos de comida... A continuacón deixámovos información relativa ó mesmo que tamén podedes atopar na súa páxina web oficial:

PROGRAMA
 
17:30 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos
 Mostra de Oficios Artesáns
- Animación de rúa
- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo 
 
17:30 h. OBRADOIROS para nen@s
Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo
As tamancas a escala – Tango Zapateiro
Peiteados e Pulseiras – Artesanía Mary
Xogos Cooperativos - Xurxemurxe
 
18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Ramirás
19:00 h. Chamada á festa PASARRÚAS de Xigantes e Cabezudos
 
19:30 h. o FIADEIRO CATIVO con escolas de música tradicional
 
21:00 h. XII+I Noite de FIADEIRO
 
E moito, baile e troula ata que os pés aguanten ! 
 
Durante toda a noite teremos CONCURSOS,  SORTEOS e algunha que outra SORPRESA a maiores.
 
ARTESANÍA E GASTRONOMÍA
 
POSTOS GASTRONÓMICOS                        
  • Posto Trangalladas (Lambetadas e doces)
  • Pulperia Lucha do Carballiño
  • Gofres e Crepes de Carlos
  • Maria Tola (Conservas artesás)
  • Colectivo Estrugas (Productos derivados das estrugas)
  • Rosquillas Genaro
  • Taberna do Tito (Refrixerios, viño e bebidas espirituosas)

POSTOS ARTESANÍA                                    
  • Posto Rebuldeiro (merchandising da Noite de Fiadeiro)
  • Morenita Percusión Tradicional (Instrumentos)
  • Tango Zapateiro (Tamancas e productos en coiro)
  • Artesanía Moura (Traxe tradicional)
  • As Trapalladas da Xiana (bisutería, abalorios e prendas pintadas a mán)
  • Artesanía Mary (Peiteados, bisuteria, flores...)
  • Artesanía "Andrómedas do Pilo" (Productos naturais)
  • Traska Artesanía (Macramé, corcho...)
  • Artesanía Blanco (Zocos e coiro)
  • El Pete de Dany (Traballo en fielto)
  • Artesania Mendoia (Torneados e Pirograbados)

COLECTIVOS PARTICIPANTES

O FIADEIRO CATIVO

  • Rebulir (Grupo B pandereteiras)
  • Grupo Inf. do Orcellón (O Carballiño)
  • Guriñas do Castromao (Mondariz)
  • Mauro e Conchi (O Carballiño)
  • Xoaniñas (Ourense)
  • Os Trincamillos (Ribadavia)
  • Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense (Ourense)


GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL     

  • Pandereteiros de Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
  • Trio Prata (Teo)
  • Lumieiras (O Morrazo)
  • Colectivo Castro-Floxo (Ourense)
  • Pandereteiras "As da Chispa" (Ourense)
  • Charabiscas  (Terras do Deza)
  • Airiños d´Arnoia (A Arnoia)
  • Os Cotovias (Maside)
  • De Pé Feito (Ourense)
  • Tokaide (O Carballiño)
  • Sadeo Pandereteiras (Ponteareas)
  • Celatroula (Celanova)
  • Pandereteir@s da Aavv San Andrés de Zarracós (A Merca)
  • Pandereteiras/os do forrollo (Cartelle)
  • Pandereteiras Celavella (Celanova)
  • Asociación Cultura - Banda de Gaitas de Celanova
  • Pandereteiras Man de Moura (Ourense)
  • Pandereteiras Xua  (Ourense)
  • Pandereteiras Ruxas (Ourense)
  • Trouleiros de Medeiros (Monterrei)
  • Grupo Orcellón (O Carballiño)
  • O'Castriño Rebordechan (Crecente)
  • Flor de Toxo (Avión)
  • Velai-Vai (Barbadás)
  • Xeitosiñas (Baltar)
  • Gaiteros Os Biruxes (O Carballiño)
  • Pandereteiras As Faiscas (Boborás)
  • Os Estralotes (Terras de Celanova)
  • Grupo de Música Tradicional Rebulir (Ramirás)

ANIMACIÓN E AMBIENTACIÓN            

  • Xurxemurxe (Empresa de lecer e xestión cultural)
  • Banda Municipal de Música de Ramirás
  • Cabezudos de Ramirás
  • Centro de Cultura Popular Xaquin Lorenzo (Xogos tradicionais e brinquedos)

 

07 de Maio do 2019




Destacamos