O día 9 de setembro do 2019
Estamos no mes de setembro e nel ten lugar unha das romarías con máis tradición da nosa contorna, a Romaría da Virxe da Armada, que nesta edición será soamente o día 9 de setembro do 2019.
Este ano o programa é un pouco máis humilde que en ocasións anteriores, pero o importante é que hai festa. Pola mañá haberá concerto e sesión vermú a cargo da Banda Municipal de Celanova e xa pola tarde-noite a festa estará amenizada pola charanga Brexit.
Con respecto ós actos relixiosos, haberá misas dende as 7.30 e ás 12.00 misa solemne e procesión, pola tarde haberá misa ó aire libre ás 19.30 horas.
Para os que gusten da boa gastronomía non faltarán os tradicionais postos de comida nesta celebración e tamén o servizo de bar.
04 de Setembro do 2019