I Xuntanza Para Andar Terras da Broa

Domingo, 4 de outubro. Saída dende o campo da festa de Zarracós ás 9.30 da mañá.

I Xuntanza Para Andar Terras da Broa

Como ben sabedes, son tempos verdadeiramente difíciles para realizar calquera tipo de actividade, pero aquelas que  se poden levar a cabo ó  áire libre configúranse como unha das mellores alternativas posibles para gozar do tempo libre, máxime cos fantásticos camiños que temos nosa zona. Así, da inquedanza de varios veciños da zona nace esta nova iniciativa, que pretende recuperar a esencia doutras iniciativas levadas a cabo por outros colectivos, e que decidimos denominar I Xuntanza Para Andar Terras da Broa.

Dende a organización soamente se marcará a ruta a seguir e a hora e lugar de inicio da xuntanza, mentres que cada asistente deberá traer o seu propio habituallamento: auga, froita, bocadillo,... obviamente será obrigatorio o uso de máscara e gardar as distancias recomendadas polas autoridades sanitarias.

A primeira xuntanza será o vindeiro 4 de outubro, ás 9.30 da mañá, e tanto a saída como o remate da ruta será no campo da festa de Zarracós. O percorrido ten uns 9,1 qm e unha dificultade moderada. Aconsellamos traer calzado axeitado e pantalóns largos xa que hai algun tramo no que hai silvas.

A ruta a seguir será a que se detalla a continuación:

Powered by Wikiloc

 

26 de Setembro do 2020




Destacamos