Cando apenas dixerimos a boa nova da concesión do galardón "Francisco de Moure" pola restauración do retablo maior, o día arroxanos outra boa nova para esta parroquia e para os veciños de Cobas do Río.
Operarios do Excmo. Concello de A Merca, atendendo ás demandas presentadas por esta Asociación de Veciños e polos veciños de Cobas, comezaron a restaurar o antigo forno común da mencionada localidade da nosa parroquia. Unha actuación , que sen dúbida, porá de novo en valor un ben do noso patrimonio etnográfico, que ata o de agora estaba bastante deixado.
Nos próximos días e segundo avancen as obras de restauración deste ben, iremos publicando algunha foto dos traballos e do resultado final desta obra, que de seguro será ben acollida por todos os veciños da parroquia.
10 de Marzo do 2011