Unha vez rematada a construción do novo local socio-cultural, este presenta certas deficiencias no que a iluminación se refire xa que só conta cun punto de luz no medio do salón. Así, tal e como se acordou na última asemblea ordinaria da Xunta Directiva encargouse a instalación de catro novos puntos de luz á empresa Carpilectro SL, esta obra será financiada con cargo ós fondos da Asociación de Veciños.
15 de Maio do 2011