A Asociación de Veciños de San Andrés de Zarracós quere converter o novo local socio-cultural nun verdadeiro punto de encontro para toda a veciñanza así como para os pobos limítrofes. Por conseguinte estánse a estudiar diversas alternativas para dotar de actividades lúdicas esta nova edificación e gustaríanos contar coa vosa opinión, para iso pomos a disposición de todos vos unha nova enquisa, co título que arriba figura.