O pasado Sábado día 18 de Xuño do 2011 celebrábase no campo da festa de Zarracós o II TORNEO DE CHAVE DO SAN CERIZ.
Nel déronse cita cerca de medio centenar de participantes coa intención de golpear cas pesadas fichas a distante chave metálica. Este ano, de novo, volveu ser salientable a importante participación feminina no campionato que ano a ano aumenta e vai convertendo este xogo nun evento tradicional na nosa parroquia.
Así, tras as tres roldas pertinentes acabouse producindo un empate entre Vilanova e Paco, tendo que disputarse por tanto unha rolda de desempate na que Vilanova golpeou a chave unha vez mentres que Paco ningunha. Vilanova convértese así no gañador do segundo torneo de chave do San Ceriz.
|
|