A Xunta Directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós quere dar as gracias:
· A todos os veciños desta parroquia pola súa excepcional colaboración, tanto económica como doutro tipo.
· A todos aqueles veciños da parroquia, así como doutras parroquias que achegaron diñeiro a maiores.
· A todas aquelas persoas que mercaron rifas para o sorteo dos 400 €, así como a aqueles que axudaron a vendelas desinteresadamente, especial mención a Emilio Fernández Taín.
· A todos os establecementos e marcas comerciais que contribuiron anunciándose nos carteis ou simplemente dando diñeiro sen ningún tipo de publicidade.
· A todos os compoñentes da Charanga As Neves de Zarracós, por animar durante tres días as festas de xeito totalmente altruista.
· A Bieito Blanco por colaborar de xeito totalmente desinteresado na realización do karaoke, dos xogos infantís e por ensaiar e coordinar esa magnífica charanga que representa a nosa parroquia.
· A todos aqueles que axudaron a levar a cabo os xogos infantís, ben fora aportando regalos ou o seu propio traballo.
Gracias a todos e cada un de vos as festas de Zarracós son o que son.
Dende a Asociación de Veciños esperamos que esta festa, cos seus erros e cas súas virtudes, fose do agrado da maioría de todos vos.
16 de Agosto do 2011