A Broa Sendeirismo organiza unha xornada voluntaria de limpeza de camiños
Sábado 28 de Xuño de 2014, ás 9 da mañá na Parroira
Levamos algún tempo traballando para realizar a señalización dun roteiro na zona. Sen entrar en moito detalle polo de agora, este roteiro pasará por todas as parroquias que comprende o territorio de A BROA, e dicir dende a lera ata Corbillon, e terá aproximadamente 13.5 km de lonxitude.
Despois de varias configuracións ou posibilidades para o percorrido, asi como a tarefa de buscar un nome, a directiva de aBroaSendeirismo, toma a iniciativa e está preparando un proxecto para a futura señalización do Roteiro de a Broa (nome provisional)
Con este motivo, convidamos para o vindeiro sábado 28 de xuño a primeira xuntanza de limpieza e desbroce do percorrido. O roteiro está practicamente deseñado asi como os tramos a limpar, na súa meirande parte herba, debido a choivas continúas.
Cantos máis nos xuntemos mellor, para asi poder dividir o traballo e rematar nun tempo prudencial.
Con este motivo, para as persoas que traian desbrozadoras,a gasolina correrá por conta da asociación.
O remate da xornada tamen teremos un pincho para compartir as experiencias, e tamén os gastos correran a conta da asociacion.
Esperando unha boa participacion dos nosos broeiros,
Atentamente
O presidente.
03 de Xuño do 2014