O deporte estrela dos anos noventa, agora esquecido
O baloncesto foi durante os anos noventa o deporte estrela na nosa contorna, e incluso en toda comarca, mozos chegados desde distintos recunchos das Terras de Celanova, congregábanse cada verán na cancha de Zarracós para disputar o entretido torneo de tres contra tres. Xornadas de deporte, harmonía e convivencia que fomentaban a unión da mocidade.
O ano pasado, esta Asociación de Veciños, intentou dar un primeiro paso para recuperar esta tradición que noutrora fora todo un acontecemento na nosa parroquia, pero a aceptación foi mínima, facendo imposible reeditala este ano. Sen embargo, un ano máis, o baloncesto voltou ao campo de Zarracós da man dos veciños e da mocidade de Entrambosríos, que se animaron a disputar unha pachanga con motivo das festas patronais da súa parroquia, así , medio cento de persoas invadiron o Outeiro para darlle de novo vida.
17 de Agosto do 2014