Obradoiros dirixidos exclusivamente a mulleres
A prol da igualdade social e cultural da muller no Concello
O Concello de A Merca vai realizar dous obradoiros dirixidos exclusivamente a mulleres, a prol da igualdade e da participación social e cultural da muller neste concello, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
Os obradoiros que se van levar a cabo son os seguintes:
- Obradoiro do Tempo Libre Activo: O día 6 de Outubro do 2009 (Martes), en horario de 16:00 a 20:00, na aula multimedia do Concello de A Merca.
- Obradoiro de Consumo Responsable: o día 13 de Outubro do 2009 (Martes), en horario de 16:00 a 20:00, na aula multimedia do Concello.
16 de Setembro do 2009