Uns 340 amantes da mountain bike pecorreron a nosa zona o pasado domingo, día 19 de Outubro
O pasado domingo, día 19 de Outubro, tiña lugar a quinta edición do Roteiro Btt Parroira Bike. Un proxecto que comeza a tomar forma e que cada ano se vai consolidando como unha ruta de referencia para os amantes da mountaint bike na provincia de Ourense, e prácticamente en todo o sur de Galicia.
Esta nova edición contou cunha cifra récord de participación, acadando os 340 inscritos. Inscritos que puideron disfrutar da fermosa paisaxe que conforma o noso entorno nesta estación tan peculiar: O Outono. Durante unhas horas os nosos camiños e vereas enchéronse de amantes da bicicleta e da natureza que lle deron vida a estes nosos montes hoxe hermos, sen dúbida, unha fórmula para por en valor o noso rural e aproveitar o potencial turístico desta zona.
A continuación deixamos un par de vídeos, e unhas cantas fotografías realizadas na baixada do camiño da Fonte dos Ollos (No piñeiral de Oxén), un lugar totalmente aconsellable para visitar.
26 de Outubro do 2014