Os días 14 e 15 de Maio
Arrancan as citas festeiras na nosa contorna máis inmediata. Un ano máis a veciña parroquia de Olás, celebrará os vindeiros 14 e 15 de Maio as súas festas na honra a Virxe de Fátima. Un programa festeiro que inclúe unha gran pulpada para os veciños da parroquia, así como, distintas actuacións musicais: trío PEKADOS, Charanga XL (Xinzo de Limia) e a Coral da Parroquia de Olás.
Tamén haberá os correspondentes actos relixiosos ámbolos dous días.
06 de Maio do 2016