Sábado 7 de marzo, ás 17.00h, no local sociocultural de Zarracós
O vindeiro sábado, día 7 de marzo, terá lugar un curso práctico para a elaboración de trampas contra vespa velutina no local sociocultural de Zarracós. Será as 5 da tarde e a entrada é completamente libre para todas aquelas persoas que vos animedes a asistir.
É aconsellable que cada persoa traia unha botella grande (de auga, coca-cola, kas,.. de 1,5-2 litros) e dúas pequenas (auga, gaseosa,... de 0,33 -0,5 litros) é un coitelo con punta para poder cortalas.
Na loita contra esta especie invasora, cada raíña que se capture nesta época do ano, será un niño menos no futuro, e evitaremos a súa propagación.
01 de Marzo do 2020