Será o 17 de maio e estará adicada ós fotógrafos e fotógrafas ambulantes do rural galego
Un ano máis, o 17 de maio de 2018, co gaio da celebración do día das Letras Galegas chega unha nova edición da Romaría Raigame. Declarada festa de interese turístico de Galicia é unha das citas máis destacables da nosa comarca para o presente mes de maio e este ano estará adicada ós fotógrafos que durante anos inmortalizaron o rural galego: Pacheco, Francisco Zagala, José Gil y Gil, Ramón Godás, "Ksado", Ruth Matilda Anderson, Xaquín Lorenzo, Chao ou Rizo.
Estas fotógrafas e fotógrafos deixaron unha das herdanzas máis importantes ó retratar a vida cotiá do rural galego naquela época, polo que haberá unha exposición que sen dúbida pagará a pena ver.
Podedes atopar toda a información referente a esta romaría na súa páxina web oficial: http://www.raigame.gal
08 de Maio do 2018