Tardes de verán en Zarracós 2021

Actividades deseñadas para a mocidade entre 5 e 15 anos, cun aforo máximo de 10 participantes por actividade.

Tardes de verán en Zarracós 2021

Que é?

"Tardes de verán" é un proxecto lúdico educativo pensado para a mocidade do rural da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós, cuxo obxectivo principal é proporcionar unha alternativa de ocio saudable para os mozos/as de dito lugar.
 
Para quen?
 
Esta proposta está pensada e deseñada para a mocidade de 5 a 15 anos cun aforo límite de 10 participantes por  actividade.
 
Como é?
 
"Tardes de verán" ofértase como catro obradoiros independentes entre eles, con catro temáticas e actividades diferentes en cada obradoiro. Dito taller terá unha duración de 2h e, os/as participantes poderán inscribirse en todos eles, ou ben, naqueles nos que teñan máis inquedanza ou preferencia.
 
A continuación desenvolvemos as propostas temáticas para as "Tardes de Verán"
 
  • Día 1: Taller de reciclaxe "Non me deas a chapa!", xogos populares e xogos cooperativos e musicais.
  • Día 2: Taller creativo, método Pollock.
  • Día 3: Ruta medioambiental e obradoiro de hapa zome.
  • Día 4:Taller teatral, animación á lectura, velada final e despedida das Tardes de Verán.

 

Cando?

Esta proposta levarase a cabo nas tardes dos mércores do mes de agosto (días, 4, 11, 18 e 25) no horario de 19:00 h a 21:00 h no campo da festa de Zarracós.
 
Canto custa?
 
Os talleres serán completamente de balde para os participantes, ó estar financiados na súa totalidade pola asociación de veciños, por iso terán preferencia os socios á hora de obter praza.
 
Cómo reservar?
 
  • Para reservar a vosa praza en calquera dos obradoiros dispoñibles deberedes chamar ó teléfono 650 18 67 32 (José Manuel).
  • Terán preferencia os socios da Asociacion de Veciños de San Andrés de Zarracós, se houbese prazas libres podería acceder calquera que así o desexase.
  • Se polo que sexa non podedes asistir unha vez reservada a praza, agradécese que avisedes para poder darlle a oportunidade de participar a outras persoas.
03 de Xullo do 2021




Destacamos