As contas presentan un saldo positivo de +788,67€
Nota: corrixidas o día 27/08/2024, debido a un erro material faltaba por computar o donativo de Francisco Camba Ferreiro
Nas imaxes axuntas a este artigo podedes acceder ás contas da festa das Neves Zarracós 2024, así como, ao listado de donativos da mesma. Tal e como se pode comprobar, estas arroxan un saldo POSITIVO de +788,67 € que se ingresarán na conta bancaria da asociación de veciños, a falta de tres cotas por cobrar.
Este ano a recadación foi superior á do ano 2023 (312,90€ máis), logrando xuntar a extraordinaria cifra de 11.355 €, cantidade realmente excepcional sobre todo tendo en conta os tempos tan complicados que estamos vivindo. Así mesmo, grazas a ir axustando o orzamento da festa ás previsións de ingreso e a solicitar unha subvención da Deputación de Ourense para asumir parte do custe das charangas, foi posible acadar uns importantes beneficios.
Se analizades un pouco as contas, poderedes comprobar que cada vez hai menos cotas, este ano soamente se cobraron 58 o que supón 3 menos que o ano 2023 (e 6 menos que no 2022).
A Xunta Directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós quere dar as grazas:
Grazas a todos e cada un de vos as festas de Zarracós son o que son
Dende a Asociación de Veciños agardamos que esta festa, cos seus erros e cas súas virtudes, fose do agrado da maioría de todos vos.
26 de Agosto do 2024