AGRADECEMENTOS

FESTA DAS NEVES 2010


A Xunta Directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós quere dar as gracias:

  • A todos os veciños desta parroquia pola súa excepcional colaboración, tanto económica como doutro tipo.
  • A todos aqueles veciños da parroquia, así como doutras parroquias que achegaron diñeiro a maiores.
  • A todas aquelas persoas que mercaron rifas para o sorteo dos 400 €, así como a aqueles que axudaron a vendelas desinteresadamente, especial mención a Emilio Fernández Taín.
  • A todos os establecementos e marcas comerciais que contribuiron anunciándose nos carteis ou simplemente dando diñeiro sen ningún tipo de publicidade.
  • A todos os compoñentes da Charanga As Neves de Zarracós, por animar durante catro días as festas de xeito totalmente altruista.
  • A Bieito Blanco por colaborar de xeito totalmente desinteresado na realización do karaoke, dos xogos infantís e por ensaiar e coordinar esa magnífica charanga que representa a nosa parroquia.
  • A todos aqueles que axudaron a levar a cabo os xogos infantís, ben fora aportando regalos ou o seu propio traballo.

Gracias a todos e cada un de vos as festas de Zarracós son o que son.


Dende a Asociación de Veciños esperamos que esta festa, cos seus erros e cas súas virtudes, fose do agrado da maioría de todos vos.

 

10 de Agosto do 2010




Destacamos