O pasado Sábado, 21 de Agosto, tiña lugar a III Edición da festa do pan de Zarracós, que tal e como ven sendo tradicional nos últimos tres anos se ven celebrando na céntrica Eira dos Días.
Ó longo da semana voluntarios e volutanrias do pobo, expertos no arte da panadería, amasaban e enfornaban o pan e as empanadas dos que darían boa conta os máis de 150 comensais que concorrerían a esta cita gastronómica na tarde do sábado.
Así,a xornada festiva para os "festeantes-comensais" comezaba o sábado a eso das 7 do serán, cando aqueles que así o desexaron puideron participar na segunda edición da tirada do carro así como na primeria da carreira de sarillos, ambas levadas a cabo na chaira da Torre, contando ambas cunha ampla participación.
Unha vez gastadas as enerxías tocaba degustar os manxares previstos para tal festexo: empanadas e pan do forno de Zarracós, lacón asado, chourizos, bica,roquillas, licores, viño, refrescos.... un extenso menú que de seguro fixo as delicias dos que alí nos citamos.
E como non unha vez cargadas as pilas tocaba gastar de novo enerxía bailando ó compas da Gran Charanga As Neves de Zarracós e dos gaiteiros e pandereteiras do pobo.
Queda a disposición de todos vos unha extensa galería fotográfica do mencionado festexo así como un video que reflexa o espirito da festa.
25 de Agosto do 2010