O pasado sábado, día 13 de Novembro, a iso das cinco da tarde, tiña lugar o xa tan tradicional magosto da parroquia de San Andrés de Zarracós, posto que son xa 17 anos seguidos os que se leva organizando este evento.
A el, a pesares das intenpestivas condicións meteorolóxicas que se presentaron, asistiron máis de noventa veciños dispostos a dar boa conta do menú e da festa propostos pola organización. A tarde de troula e paparota daba comezo co acendido do gran lume que quentaría a xélida noite, para durante o transcurso da tarde, e coa axuda daqueles veciños que decidiron botar unha man, ir preparando a toda a comida: cortar as empanadas,o lacon, o pan e as bicas, asar as castañas e os chourizos, repartir a bebida e os utensilios pra comer....
Xa coa comida preparada e coa "mesa posta", tocaba dar boa conta deses manxares, para logo ir entrando en calor coas canterías e co licor café da terra ou cun bo café quentiño, e aínda que o tremendo "tornado" que se levantou non permitiu disfrutar como se debería da tradicional festa, si permitiu troulear un pouco e entoar canterías do estilo: "Mami me voy pa la Habana, donde las merluzas se pescan con caña, pero en Zarracós todo es distinto, las merluzas se pescan con vino tinto, pero en Zarracós todo es diferente, las merluzas se pescan con aguardiente".
E por se iso non fose pouco, e dado que sobrou unha gran cantidade de comida, todos aqueles que o desexaron puideron volver o día seguinte para xantar.
16 de Novembro do 2010