Festa do San Ceriz 2008

Esta tivo lugar o pasado Sábado día 14 de Xuño

O pasado Sábado,día 14 de Xuño, tivo lugar a Festa na honra a San Ceriz coincidindo coa festividade de dito santo (16 de Xuño).

O día festivo comezaba as 12.30 cos actos relixiosos correspondentes, é decir, unha pequena procesión seguida dunha misa solemne oficiada polo actual cura da parroquia (polo menos provisionalmente).

Unha vez rematados os oficios relixiosos todos aqueles que se apuntaron ,previo pago dos 20 euros correspondentes, dirixíronse ó campo da festa de Zarracós para dar boa conta dunha tradiciona comida "á feira" : empanada, polvo, carne ó caldeiro con patacas, bica, café e como non bo viño branco e tinto e pan de cea. Un completo menú que fixo as delicias de todos aqueles que asistimos a esta gran festa.

E claro, unha vez rematado este festín, tocaba troulear, e aínda que este ano nos faltou a Charanga as Neves, a cantería e a festa estivo asegurada igualmente polas grandes voces do parroquía (e arredores)!!! que nos deleitaron interpretando os grandes clásicos de calquer festa que se precie.

Así unha vez rematada, esta festa todos aqueles que así o desexaron puidero dirixirse o Local Social de Zarracós para ver o partido de España na Eurocopa 2008.

Sin lugar a dudas un día completo, que reuniu a todos os veciños en torno a unha mesa, non só para disfrutar da boa comida e da boa bebida senón para polo menos unha vez o ano reunirse en irmandade e disfrutar da boa compaña e da festa!!!

Dende a Asociación de Veciños queremos dar as gracias a todos aqueles que participastes nesta festa, esperando que fose do agrado de todos vos!

02 de Xullo do 2009




Destacamos