Festa do Magosto 2008

Celebrada o pasado Sábado 8 de Novembro

O pasado Sábado,día 8 de Novembro, tivo lugar, como xa vendo sendo tradicional por estas datas, a popular Festa do Magosto Zarracós 2008.

A ela acudiron unhas 115 persoas, que por tan só 6 euros puideron disfrutar dun completo menú: castañas, chourizos,lacón asado, empanada, pan, viño novo, refrescos,licor café,café e bica. Unha extensa degustación de productos da terra que fixo o deleite dos asistentes, pero como todas as festas na parroquia de Zarracós o tema non vai só de comer... senón de pasar unha boa noite na compaña de todos os veciños e veciñas (que o mellor só vemos en celebracións deste estilo), contar uns "contos" ó carón dunha boa fogueira, botarlle unhas canterías, charlar, os rapaces xogar e pintarse... en definitiva disfrutar da festa en todos os sentidos.

E como pasa sempre nestes casos... sobrou comida!!. Así, todos aqueles que quixeron puideron pasarse de novo o Domingo para dar de novo conta da comida sobrante.

Festas, parrandas e máis festas que fan que a parroquia de Zarracós sexa unha das máis "Festeiras" da contorna. Dende a Asociación de Veciños esperamos que todo fose do voso agrado e como non o próximo ano... máis!!!

02 de Xullo do 2009




Destacamos