Colocación das bandeiriñas para engalanar as rúas da parroquia polas festas

AVISO

COLOCACIÓN BANDEIRIÑAS

 

           Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas da parroquia de San Andrés de Zarracós, que o vindeiro Domingo día 29 de Xullo, ás 9.00 da maña, procederase a colocar as “banderillas” para engalanar as rúas da parroquia polas festas.

         O punto de encontro será xunto o local social a mencionada hora (9.00 da maña).

         A Asociación de Veciños agradece a colaboración de todos aqueles que se presten a botar unha man para realizar dito traballo.

 

NOTA:de non existir axuda veciñal para realizar esta tarefa, soamente se colocarán bandeiriñas nas entradas dos pobos.

01 de Xullo do 2012




Destacamos