Xa temos comisión de festas e programa inicial das Neves 2025

Inicialmente a comisión de festas estará formada por: Aroa, Iria, Brais e Gabriel

 

Xa temos comisión de festas e programa inicial das Neves 2025

Despois de máis de vinte anos organizando a Festa das Neves de Zarracós hai uns meses o secretario da asociación de veciños anunciaba que chegaba o momento de parar e descansar, de gozar das festas dende a barreira e de que outra xente dese un paso adiante para organizar as festas do ano 2025.

Pois ben, hoxe prácenos comunicarvos unha grandísima nova e é que, por sorte, xa existe unha comisión para organizar a Festa das Neves 2025, que inicialmente estará formada por: Aroa, Iria, Brais e Gabriel. Para eles non é un grupo pechado, nin moito menos, e están abertos a aceptar a colaboración de calquera persoa que desexe botar unha man.

Sen lugar a ningunha dúbida, para esta parroquia é un auténtico orgullo que un grupo de xente moza que non reside de xeito habitual aquí, tome a valente decisión de dar un paso adiante para asumir a organización das festas patronais, simplemente por que para eles, é a escusa para xuntarse cada verán e regresar a aldea das súas raíces.

É así que, dende a asociación de veciños imos brindar todo o noso apoio a este grupo humano e do mesmo xeito, tamén queremos pedirvos que fagades o mesmo, que depositedes a vosa confianza neles e os tratades igual de ben que nos tratastes a nos ao longo destas tres décadas  consecutivas de festa.

Tal e como comentamos na asemblea xeral de hai uns días, a festa realizarase baixo o amparo legal da asociación de veciños figurando nos carteis tanto o logotipo da comisión de festas, como o da asociación de veciños. No relativo á parte económica, dende a asociación de veciños recadaranse as cotas (que para este 2025 quedou establecida en 100€ por casa), mentres que a comisión de festas será a encargada de xestionar e de levar a cabo outras iniciativas que permitan recadar o diñeiro necesario para completar o orzamento do programa festivo, así como, da organización propia das festas: carteis, alborada,  música, torneos, xogos infantís,...

Resumindo, xa temos programa festivo inicial, e será o seguinte:

Sábado, 2 de agosto 2025

  • Charanga Nova de Trives
  • Trío  Élite

Domingo, 3 de agosto 2025

  • Charanga El Brexit
  • Grupo Yukatán

 

30 de Xaneiro do 2025




Destacamos