A igrexa parroquial estrea alumeado LED

A igrexa parroquial estrea alumeado LED

A principios do presente ano, dende a Asociación de Veciños celebramos unha asemblea xeral ordinaria, en concreto o día 26 de xaneiro de 2025. Nesa reunión, e despois dun interesante debate entre todas as persoas asistentes, chegouse a un acordo de compromiso no relativo ao alumeado da Igrexa Parroquial de San Andrés de Zarracós, que non foi outro que manter as actuais lámpadas de araña cambiando todas as bombillas fundidas por unhas novas de tipo LED.

En consecuencia, hai uns días e a encargo da asociación de veciños, a empresa local CarpiElectro S.L procedía a cambiar un total de 30 bombillas por unhas novas de tipo vela, tecnoloxía LED, luz cálida e 5W de potencia. Así mesmo, tamén se arraxaron cinco portalámpadas que estaban estragados.

Esta intervención tivo un custe de 281,33€ que foron asumidos con cargo aos fondos da Igrexa Parroquial depositados na conta bancaria da asociación de veciños, non sendo necesario realizar un escote entre todos os socios para executar dita actuación, tal e como se mencionou na asemblea xeral. Sen dúbida, esta simple “obra” mellorará a estética da igrexa parroquial á par que reducirá un pouco o consumo eléctrico, xa de por si reducido.

Neste senso, cabe destacar que en agosto do ano 2023 tamén se cambiaron os focos que iluminan o Altar Maior por uns novos de tipo LED e 150W de potencia, supondo un custe de 496,10€ que tamén foron asumidos con cargo aos fondos da asociación de veciños.

En definitiva, a día de hoxe a iluminación da Igrexa Parroquial xa é na súa totalidade de tipo LED.

Así mesmo, non queremos rematar estes parágrafos, sen deixar de por en valor, que as anteriores bombillas de baixo consumo foran doadas por Raúl Vázquez Outeiriño (xa defunto, por desgraza), un xesto altruísta que durante anos axudou a manter acesa a luz da igrexa, aforrando cartos á veciñanza.

 

 

11 de Abril do 2025




Destacamos