Os Feijóos

A lenda do Conde Tibaldo

Bermudo II tivo que refuxiarse nas montañas de Asturias para poñerse a salvo das algaradas de Almanzor.

No ano 984 foi destruída a cidade de León e ao ano seguinte os moriscos saquearon as prazas de Pamplona e Barcelona, acontecementos que levaron aos españois a refuxiarse nas abruptas montañas de Asturias. O Rei Bermudo tratou de concertar unha tregua con Almanzor ofrecéndolle en matrimonio a súa propia filla ,a infanta Dona Teresa, feito que chegou a producirse, así as paces duraron dous anos.

No ano 997 Almanzor entra pola fronteira lusitana e atravesa todo Portugal, pasou o Duero e o Miño, asolando vilas e lugares chegando incluso ata a cidade de Compostela.

Os árabes dirixíanse ata a fronteira Portuguesa co obxectivo de repasar o Miño e internarse en terras lusitanas, levaban consigo un gran botín de guerra: gando, prisioneiros e valiosas preseas e o temor apoderaba os habitantes de Galicia, que ningún fidalgo se atrevía a saír ao campo de batalla para oporse a vitoriosa marcha do exército musulmán.

A pesar de todo isto, non faltou un digno fillo de Galicia que convocase a todos os seus deudores e basalos e recibise baixo a súa bandeira a todos cantos desexaran loitar contra o feroz sarraceno, que arrebatara do seu fogar a homes e mulleres, convertidos en bestas de carga e destinadas a surtir os haréns do bárbaro musulmán.

O Conde Tibaldo a pesares de non reunir as suficientes forzas para saír ao encontro dos mouros e presentar así batalla formal, logrou hostilizar a retagarda e rescatar gran número de prisioneiros e parte do rico botín que conducían os soldados inimigos, pois confiados estes no seu poder apartábanse con frecuencia do groso exercito en pequenas partidas, para exercer o roubo e o pillaxe nos polos pobos, isto proporcionaba os homes do Conde Tibaldo frecuentes ocasións para tomar sanguentas represalias.

Avanzaba o Conde Tibaldo polo val “d’ouro”, preto de Tui coa decidida intención de molestar aos mouros ao seu paso polo caudaloso río Miño, cando recibiu a noticia de que unha partida de infieis rezagada estaba saqueando os arrabaldes da cidade, polo que serían moi fáciles de sorprender e rescatar parte das presas que puideran atesourar.

Recibida esta noticia o Conde emprendeu unha carreira, seguido dos seus mellores cabaleiros, el foi o primeiro en chegar e lanzar o berro de guerra “Santiago e Cerra España” arremetendo contra os soldados inimigos, sen contar o número de contrarios nin esperar a chegase a súa xente.

Cada bote da súa lanza derribaba un soldado mouro, e facía retrocede aos máis valentes sementando o terror entre os infieis, e logrando animar aos aterrorizados habitantes, así obrigou ao inimigo a emprender a fuxida a través do río Miño.

Librado o Conde dos mouros, regresaba co seu corcel para reunirse coa súa xente, cando foi sorprendido por seis mouros que o atacaban sen vacilar pondo nun grave aperto polo inesperado da situación e pola fatiga da batalla anterior.

Emprende así unha sanguenta loita coa súa lanza que fire e acoitela aos mouros, sementando o terror. Un breve e desigual contenda foi a que sostivo o Conde, pois antes de que chegaran os seus cabaleiros ao lugar, baixo o seu cabalo xacían o seis musulmáns que o atacaran de forma tan traizoeira.

Reunida toda a súa xente e tranquilizados os habitantes da cidade, don Tibaldo fixo unha entrada triunfal en Tui, entre ruidosas aclamacións, sendo recibido con xúbilo e véndose agasallado polas nobres familias tudenses, polo clero e polos veciños da poboación.

Alí descansou dous días e mandou pintar no seu escudo seis roeles de sangue e campo de ouro e unha espada de combate no medio, como memoria da fazaña executada. O blasón foi despois confirmado e autorizado polo Rei Bermudo II, quén outorgaría grandes mercedes, entre outras, as ricas terras e posesións de Boveda, Ramirás, Sorga Berredo, Zarracós e todas as súas pertenzas, coas que se constituiría o señorío da nobre e antiga casa dos Feijóos.

A Familia Feijóo

O Conde Tibalde (Fillo do Conde de Celanova, Don Nuño) foi un gran cabaleiro, un gran soldado nas guerras contra os Mouros, á vista do Rei Don Bermudo II e por iso o Rei lle concedeu moitas mercedes. Este Conde foi o que deu principio ao Nobre Apelido dos Feijos.

O Conde Tibalde (segundo se di) con unha Señora da Sangre, e casa dos Osorios, aínda que non se sabe con certeza con que filla dos Osorios se casou. Tivo dous fillos, o maior deles chamouse Guiraldo Feijo, que a súa vez tivo dous fillos: Fernando Guiraldo Feijo e Mendo Guiraldez Feijo. Estes cabaleiros foron moi estimados polos Reis en Galicia e están enterrados no Mosteiro de Celanova. Tanto eles como os seus descendentes dende o ano 1100 (MC) ata o ano 1300 (MCCC). Don Fernándo Guiráldez Feijo tivo un fillo Guiraldo Feijo que se casou con Ines Piqués. Foron cabaleiros moi poderosos e fixeron a Torre dos Feijos en Allariz a de Vilar de Cas que é dos seus descendentes e tiveron casas e terras, sinaladamente as de Bóbeda, Seiro, Ramirás , cos seus cotos o de Sorga, Berredo e Zarracós, que aínda conservan o seu apelido e son distintas casas con raíz nestes princpios. O fillo maior de Guiraldo Feijo e de Dona Inés Piques  chamouse Juan Feijo, que foi o último enterrado en Celanova, segundo o ano que se declara na súa sepultura.

01 de Maio do 2013

Noticias relacionadas





Destacamos