Balance económico festa das Neves Zarracós 2018

 As contas presentan un saldo positivo de 1.242,65 €

Balance económico festa das Neves Zarracós 2018
Balance económico festa das Neves Zarracós 2018

Balance económico festa das Neves Zarracós 2018

Nas imaxes axuntas a este artigo podedes acceder ás contas da festa das Neves Zarracós 2018, así como, ó listado de donativos da mesma. Tal e como se pode comprobar, estas arroxan un saldo favorable de 1.242,65€ que se ingresarán na conta bancaria da asociación de veciños.

Cabe salientar que este ano non houbo que comprar flores para adornar a igrexa parroquial debido a que xa estaba adornada polas comunións celebradas anteriormente, por iso, e intentando respetar a intención de todas as persoas que depositaron diñeiro na bandexa, este empregarase para adornar a igrexa durante o resto do ano.

Este ano a recadación subiu lixeiramente con respecto ó ano pasado (194,50€ máis), logrouse xuntar a espectacular cifra de 10.994,50 euros e seguir mantendo igualmente un saldo positivo ó conter os gastos da festa, aumentar os donativos  e aumentar a venda de rifas, todo isto, a pesares de que este ano se perderon 2 socios.

Dende a Asociación de Veciños agardamos que o programa proposto fose do agrado da maioría, e aproveitando a ocasión queremos expresar o noso máis profundo agradecemento:

  • A todos os veciños desta parroquia pola súa excepcional colaboración, tanto económica como doutro tipo, máxime, nestes tempos tan difíciles que estamos a vivir.
  • A todos aqueles veciños da parroquia, así como doutras parroquias, que achegaron diñeiro a maiores.
  • A todas aquelas persoas que mercaron rifas para o sorteo dos 300 €, así como, a aqueles que axudaron a vendelas desinteresadamente.
  • A todas aquelas persoas que mercaron rifas para os sorteos do Nadal.
  • A todos os establecementos e marcas comerciais que contribuíron anunciándose nos carteis ou simplemente dando diñeiro sen  ningún tipo de contrapartida.
  • Ós compoñentes do Grupo de acordeóns Bieito Blanco, por deleitarnos coa súa gran profesionalidade e animar a festa do venres.
  • A Bieito Blanco por colaborar de xeito totalmente desinteresado na realización da festa do venres,  e por cedernos o seu equipo de son durante tres días.
  • Ós veciños que de xeito altruísta colleron o seu instrumento, ou simplemente as súas voces, e se animaron a por o seu gran de area para cerrar a festa deste ano en condicións.
  •  A todos aqueles que axudaron a levar a cabo os xogos infantís, ben fora aportando regalos ou o seu propio traballo.
  • Á todos aqueles que participaron nos distintos torneos celebrados con motivo da festa: chave, fútbol e tute.

Grazas a todos e cada un de vos as festas de Zarracós son o que son

 

12 de Agosto do 2018




Destacamos