Campaña de axuda ás persoas afectadas pola DANA

Os días 1,2 e 3 de Novembro de 2024

Campaña de axuda ás persoas afectadas pola DANA

A situación que se esta vivindo nos lugares afectados pola DANA é realmente límete e por iso dende a Asociación de Veciños e a Parroquia de San Andrés de Zarracós, en colaboración con Cruz Roja, impulsamos unha nova campaña solidaria en favor das miles de vítimas desta catástrofe natural que nos toca tan de preto.

Así, durante a próxima fin de semana e se así o desexades, poderedes achegar as vosas doazóns aos diferentes membros da Xunta Directiva ou depositalas nunha bandexa que se vai habilitar na Igrexa Parroquial.

A vindeira semana, a través de Cruz Roja, a totalidade do diñeiro recadado farase chegar ás vítimas da DANA e como sempre, coa transparencia que nos caracteriza daremos as debidas contas.

É momento de axudarnos

 

31 de Outubro do 2024




Destacamos