A onde o Miño vai descansar...
Don Miguel, o noso párroco, un ano máis organiza unha nova edición da excursión parroquial (e interparroquial) que terá lugar o vindeiro sábado día 27 de outubro do 2018. Nesta ocasión o destino escollido son as terras do Baixo Miño e a cidade portuguesa de Valença do Miño.
Todas aquelas e aqueles que vos animades a participar poderedes admirar a cidade fortaleza (Valença do Miño), o conxunto histórico de Tui e a súa catedral, o monte Aloia, a fermosa vila costeira da Guarda e o espectacular castro de Santa Tecla.
Inscricións:
O coste total da saída é de 30€ e nel está incluído: viaxe, guías, entrada na catedral de Tui, entrada ó conxunto de Santa Tecla e xantar.
Animádevos a participar
03 de Outubro do 2018