A excursión parroquial permitiu coñecer de preto as Terras do Baixo Miño

Unha xornada de convivencia e confraternidade entre parroquias

A excursión parroquial permitiu coñecer de preto as Terras do Baixo Miño
A excursión parroquial permitiu coñecer de preto as Terras do Baixo Miño

A excursión parroquial permitiu coñecer de preto as Terras do Baixo Miño
A excursión parroquial permitiu coñecer de preto as Terras do Baixo Miño

A excursión parroquial permitiu coñecer de preto as Terras do Baixo Miño
A excursión parroquial permitiu coñecer de preto as Terras do Baixo Miño

A excursión parroquial permitiu coñecer de preto as Terras do Baixo Miño
A excursión parroquial permitiu coñecer de preto as Terras do Baixo Miño

O pasado sábado, día 27 de outubro de 2018, varios veciños participaban na excursión parroquial que novamente organizada Don Miguel Blanco, o noso párroco. Así preto de 160 persoas procedentes das distintas parroquias nas que este imparte misa (Entrambosríos, Fechas , Pardavedra , San Martiño, Seoane, Olás e Zarracós) puideron descubrir e redescubrir a fermosa desembocadura do río Miño.

A xornada daba comezo ben cedo, a iso das sete da mañá, cando os tres autobuses comezaban a ruta polos distintos pobos das parroquias para ir recollendo a todos os participantes e dirixirse ó punto de encontro, que neste ocasión sería o Restaurante Os Do Resero (A Cañiza).  Alí, todos aqueles que así o desexaron puideron almorzar e degustar o famoso e saboroso xamón da Cañiza.

Xa coa barriga chea, chegaría o momento de retomar a viaxe e encamiñarse cara a cidade amurallada de Valença do Minho en Portugal, alí o numeroso grupo separaríase en dous para ir cada un con cada súa guía e coñecer polo miúdo a historia deste enclave fronteirizo do alto Miño.

Moi amablemente, Isilda (a nosa guía), degrañou polo miúdo a historia da fortaleza de Valença do Minho que atesoura máis de 800 anos de antigüidade nas súas pedras, pois a súa construción iniciouse a principios do século XIII. Así durante a Guerra da Restauraçao, no século XVII, sufriu fortes cambios mudando o seu aspecto e gañando en dimensións. Na actualidade esta muralla ten un perímetro de 5 quilómetros.

Seguidamente tocaría acceder ó interior do recinto amurallado a través da denominada  “Porta do Sol” que tivo que ser completamente reconstruída debido á unha explosión, de aí o seu distinto aspecto e a súa inclinación. Xa no interior da fortaleza destaca a grande presencia de Moreiras en todo o recinto, que se empregaban para dar de comer ós vermes da seda.

Continuamos a nosa visita dirixíndonos cara unha pequena praza onde Isilda nos explica como era a vida dentro da fortaleza, onde soamente uns cantos privilexiados tiñan dereito a ter unha pequena horta, mentres que o resto da poboación tiña os seus animais e as súas terras fora do recinto, ó alcance do inimigo. Así, durante o día traballaban no exterior e pola noite refuxiábanse dentro da fortaleza, coa incerteza de non saber se ós seus animais e a súas colleitas estarían ó día seguinte.

Deseguido tocaría visitar a igrexa matriz de Santo Estevão, un templo de estilo neoclásico e tres naves no que a poboación civil se refuxiaba ante os ataques do inimigo e que atesoura no seu interior a única tea coa imaxe da Virxe dando o peito ó neno que escapou da Inquisición en Portugal, ademais dunha cadeira bispal de estilo gótico-mudéxar. Despois tocaría visitar a igrexa desacralizada de estilo románico de Santa María dos Anjos, onde destacan os seus 5 retablos, a ausencia de bancos e a cantidade de tumbas que hai no seu chan. Destacar que xusto diante se atopaba o hospital.

A continuación, nun dos extremos da fortaleza dende o que se pode divisar a cidade de Tui, a ponte internacional e unha fermosa panorámica do val, Isilda contaría algunha anécdota sobre o contrabando, como que o maior contrabandista era o maquinista e que cando observaba que o podían pillar queimaba a mercancía (case sempre café) na locomotora o que desprendía un intenso e recoñecible olor.

Xa na “Porta do Meio”, a guía detalla que existía unha ponte de madeira que comunicaba ambas partes da fortaleza preparada para ser queimada e destruída se o inimigo decidía atacar. Deseguido tocaría visitar a capela militar do “Bom Jesus do Bonfim” onde se conserva unha pequena imaxe da Virxe do Carme que un soldado transportaba nunha mochila sempre que o rexemento saía a unha batalla.

A visita a Valença remataba coa explicación da sistema defensivo que se empregaba nunha das súas portas, na que existían múltiples postos de artillería para impedir que o inimigo entrase na fortaleza.

Os nosos pasos continuarían coa visita ó casco antigo da cidade fronteiriza de Tui, onde se conservan importantes vestixios da muralla medieval que a rodeaba. Nesta vila tamén existían importantes comunidades xudías, por iso había unha sinagoga. Seguidamente tocaría visitar o Convento das Clarisas (coñecido tamén no lugar por Monxas Encerradas) e a Igrexa de San Telmo na que se pode apreciar claramente a influencia do país veciño, pois esta presenta a típica estrutura dunha igrexa barroca portuguesa. A mañá remataría coa visita á igrexa San Francisco.

Despois dunha mañá bastante intensa, tocaría repor forzas cun bo xantar no Restaurante Cruceiro do Monte (en Randufe). Un menú composto por: pescada fresca, carne guisada, tarta xeada, café e bo viño do lugar fixeron as delicias de todos os comensais.

Xa pola tarde, tocaría coñecer de preto a catedral de Tui da man de Suso (o guía). Este é un edificio medieval que conservou ata os nosos días o aspecto de fortaleza típico do románico. No seu exterior destaca a portada principal de estilo gótico, cun importante valor iconográfico cuxa finalidade era didáctica e catequista. No seu interior destacan os contrafortes que unen os muros laterais da nave central e que foron colocados para evitar a mobilidade do templo. Suso destaca que Tui chegou a ser unha importante cidade portuaria fortemente vinculada ó Camiño de Santiago e que por iso soamente a Catedral de Santiago e a de Tui son as únicas góticas con tres naves centrais, coa finalidade de dedicar a nave central ás celebracións e as laterais ó paso dos peregrinos. Destacar que algo que chama fortemente atención é a ausencia dun altar maior e que no seu lugar estea o coro que orixinalmente cerraba a nave central.

O nosos pasos continuarían no claustro, onde orixinalmente estaba localizado o cemiterio da vila e que constitúe unha das maiores necrópoles de Galicia. Para finalizar todos aqueles que así o desexaron puideron acceder ós teitos do claustro e admirar o val e o claustro dende unha perspectiva totalmente distinta.

O día finalizaría coa visita ó Monte de Tecra, un dos lugares con máis máxicos e con máis encanto de Galicia dende o que se pode divisar todo o estuario do Miño, Portugal e o Val do Rosal, un auténtico espectáculo da natureza. Por falta de tempo quedaron pendentes as visitas á vila mariñeira da Guarda e ó monte Aloia.

En definitiva, unha xornada de convivencia e confraternidade entre parroquias que permitiu coñecer máis a fondo lugares que temos ben cerquiña pero que non somos capaces de valorar como deberíamos.  Aproveitando a ocasión que nos brinda dispor deste medio de comunicación, dende a asociación queremos expresarlle o noso agradecemento a Don Miguel polo enorme traballo levado a cabo para realizar esta excursión.

29 de Outubro do 2018

Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
Excursión Parroquial 2018
 

Destacamos