Máis de cento dez participantes se deron cita na IX Andaina do Concello de A Merca

Un fantástico roteiro que vos animamos a facer

Máis de cento dez participantes se deron cita na IX Andaina do Concello de A Merca
Máis de cento dez participantes se deron cita na IX Andaina do Concello de A Merca

Máis de cento dez participantes se deron cita na IX Andaina do Concello de A Merca
Máis de cento dez participantes se deron cita na IX Andaina do Concello de A Merca

O pasado domingo, día 28 de outubro de 2018, máis de cento dez intrépidas e intrépidos desafiaron as baixas temperaturas para participar na IX Andaina do Concello de A Merca, que este ano tivo como novidade principal o seu carácter solidario en favor de AODEM (Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple).

O inicio da ruta, tal e como ven sendo costume, foi o local social de Rubillós. Dende aí partimos en dirección ó muíño do Cristino para cruzar o Río Arnoia polas pontes do mesmo nome e dirixirnos ó pobo de Entrambosríos. Despois de camiñar uns cantos metros chegamos á Capela do Carme, situada nunha praza que recentemente foi restaurada e que atesoura un especial encanto. Continuamos polas canellas do pobo e cruzamos o regueiro para seguidamente coller o sendeiro en dirección ó pobo de Olás, á nosa esquerda deixamos o fantástico campo da festa do pobo.

En Olás recíbenos un marabilloso e perfectamente restaurado conxunto de hórreos que chama poderosamente a nosa atención, despois de deleitarnos uns segundos, continuamos camiñando polo centro do pobo para dirixirnos á pista de “Tres Carreira” dende a que iniciaremos o ascenso ata a “Fonte dos Ollos” por un dos camiños máis bonitos da nosa zona.

Despois de case catro quilómetros de ascenso e de superar un desnivel acumulado de trescentos metros, iniciamos o descenso cara o pobo de Oxén para coller a Verea Real, unha ruta que antigamente era empregada polos zapateiros de Vilanova dos Infantes para ir a buscar o coiro a Allariz. Logo de andar un bo intre por esta ruta tan senlleira chegamos ó antigo Gastro-Bar Parroira, onde puidemos repor forzas tomando algo de froita e bebendo auga.

Coas baterías ben cargadas retomamos a andaina en dirección á aldea de Fontao para volver coller a Verea Real en dirección a Magarelos, despois de camiñar  uns minutos, a esquerda sorpréndenos un carballo realmente fermoso e xigantesco: “O Carballo do Ferreiro”, continuamos para un pouco máis adiante xirar a esquerda e descender cara a “Presa do Cholas”. O murmurio do Río Arnoia conquístanos mentres camiñamos ó seu carón para chegar a aldea abandonada da “Ponte Ermida”, os nosos pasos detéñense por un momento para imaxinar os segredos e historias que esconden as pedras deste lugar.

A través do camiño do Bouzal e despois de cruzar o regueiro de Fontao, chegamos á parte máis baixa de Cobas do Río, unha pequena e singular aldea que empeza a correr a mesma  mala sorte que a Ponte Ermida: o abandono.  Nunha das súas eiras, collemos a canella que conduce ó “Camiño da Fraga”, os soutos centenarios  rodéannos a ambos lados configurando unha paisaxe realmente espectacular e digna de admirar, tras camiñar un pouco xiramos cara a esquerda pola chamada “Canella dos Cardeeiros”, unha canella bastante pendente, pero moi fermosa ó discorrer delimitada por paredes de granito e facendo zigzag para superar o desnivel do terreo.  

Así, alcanzamos o núcleo de Salpurido, no que continuamos polo denominado “Camiño dos Mortos” para dirixirnos a Zarracós. Xa alí,  comezamos ó derradeiro descenso da andaina deixando á man esquerda o campo da festa e atravesando o pobo pola céntrica Praza do Campo para ir ata a chamada “Fonte Candóniga”  que se localiza na parte máis baixa do lugar. Despois de percorrer o singular barrio da Torre enlazamos cos camiños do “Outeiro da Fora” e da “Arrotea” para poder chegar ata “A Fraga”.  Nesta paraxe chea de contos e lendas collemos o espectacular camiño de “Chelos” que nos conducirá directamente ata antiga escola de Entrambosríos.

Iniciamos a recta final da andaina cruzando de novo o pobo de Entrambosríos para coller un camiño que discorre paralelo a estrada que comunica Corvillón coa Corredoira e así poder cruzar a “Ponte da Lera” e regresar o inicio.

A continuación deixámosvos o track da andaina por se algún día desexades repetila por vosa conta.

Powered by Wikiloc

 

31 de Outubro do 2018

IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018
IX Andaina Concello A Merca 2018



Destacamos