II Xantar popular do San Andrés 2018

Será o vindeiro sábado 1 de decembro ás 14.00 horas

II Xantar popular do San Andrés 2018

Dende o ano pasado o patrón da nosa parroquia conta cunha celebración na súa honra. Así, a segunda edición do Xantar Popular do San Andrés será o vindeiro día 1 de decembro ás 14.00h no local sociocultural de Zarracós e o menú escollido para a ocasión é o seguinte:

  • Empanada
  • Tortilla
  • Callos
  • Pan de centeo
  • Bica
  • Café
  • Viño e Refrescos

Todo isto polo módico prezo de 10 euros por persoa. Os rapaces menores de 12 anos poderán asistir de balde, sendo o prazo límite para inscribirse o vindeiro domingo, día 25 de novembro. Dadas as dimensións do noso local o aforo estará limitado a 75 persoas e sempre terán preferencia os socios sobre o resto de participantes.

Animádevos a participar!

 

12 de Novembro do 2018




Destacamos