Dende o 1 ata o 20 de decembro recolleremos alimentos para o Bancos de Alimentos de Ourense
En 2017 e grazas a enorme xenerosidade de todas e todos, fomos capaces de entregar ó Banco de Alimentos de Ourense preto de 300 quilogramos de alimentos. Así, este ano iniciamos unha edición da campaña "Ante a adversidade, solidariedade" coa que en colaboración co noso párroco Don Miguel Blanco recolleremos alimentos para doar ó Banco de Alimentos de Ourense dende o 1 ata o 20 de Decembro do 2018.
Dende a ONG informánnos que o que máis necesitan nestres intres son: leite, aceite, galletas, cacao en polvo, alimentos infantiles (potitos, papillas, leite en po,...) e produtos de nadal, pero tamén serán ben recibidos calquera tipo de alimento non perecedeiro.
A fame non se ve, colabora!
13 de Novembro do 2018