O novo local social de Zarracós adxudicado provisionalmente á empresa CRUZVAL S.L

Publicado na Plataforma de Contratación de Galicia da Xunta

O Excmo Concello de A Merca ven de adxudicar provisionalmente a construcción do novo local socio-cultural de Zarracós a empresa CONSTRUCCIÓNS E PROMOCIÓNS CRUZVAL S.L. de Gomesende, dado que, segundo a mesa de contratación deste organismo é a que dispón dunha maior solvencia e capacidade técnica para acometer dita construcción.

Así, o plazo de execución da devandita obra será de 3 meses a contar dende a data de formalización do contrato coa empresa e a concluir antes do 31 de Decembro de 2010.

Podedes atopar toda a información referente a este proxecto tan importante para a parroquia na Plataforma de Contratación de Galicia (páxina web pertencente a Xunta de Galicia).

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=13653

Trataremos de informar puntualmente de todo canta novidade surxa en torno a isto.

 

13 de Abril do 2010




Destacamos