Haberá eucaristía tanto o venres como o sábado
Esta fin de semana celebramos o día do patrón da nosa parroquia: San Andrés. Para tal conmemoración haberá actos relixiosos tanto o venres como o sábado, así o día 30 de novembro a eucaristia será ás 17.00 horas mentres que o 1 de decembro será ás 12.30 horas, xusto antes do xantar de irmandade que terá lugar ás 14.00h no local sociocultural da parroquia.
Aproveitando a ocasión dende aquí queremos desexar un feliz día a todos os veciños e veciñas da parroquia e como non a todos os Andrés
29 de Novembro do 2018