A semana pasada a empresa Excavacións Velo procedía a executar os traballos necesarios para nivelar o máximo posible o campo da festa. Foron necesarios dous días enteiros de traballo e máis de 10 camións de terra para que este espazo público presente o fantástico aspecto que agora ten. O importe desta intervención foi de 1.210€, que tal e como se mencionara nun artigo anterior e na última asemblea xeral serán asumidos pola asociación, polo que se agradece a colaboración económica voluntaria dos veciños e veciñas da parroquia.
Así mesmo, membros da directiva da asociación procedían a colocar unha cadea no novo acceso ó campo dende a estrada da granxa para impedir o acceso de vehículos ó recinto e tamén a subir de altura as papeleiras, dado que ó subir de nivel o terreo quedaron moi baixas.
Por último, a empresa adxudicataria da obra tamén procedía este venres a colocar as canastras e aínda que non remataron, xa comeza a parecer unha pista deportiva.
A continuación deixámosvos algunhas fotos para que vexades o avance das obras.
10 de Febreiro do 2019