Inauguración campo da festa da parroquia de Zarracós

Sábado, 4 de maio do 2019, a partires das 4 da tarde

 

Inauguración campo da festa da parroquia de Zarracós
Inauguración campo da festa da parroquia de Zarracós

Inauguración campo da festa da parroquia de Zarracós
Inauguración campo da festa da parroquia de Zarracós

Para inaugurar unha obra tan importante como a do campo da festa da parroquia de Zarracós, dende a asociación de veciños temos preparada unha tarde-noite chea de deporte, música, comida e humor . Velaquí tendes a programación prevista:

16.00 - Torneo de baloncesto 3x3 e concurso de triples

19.00 – Primeira actuación da charanga Achicoria (Xinzo de Limia)

21.00 – Pinchos no local sociocultural para todos os asistentes

22.00 – Segunda actuación da charanga Achicoria (Xinzo de Limia)

23.00 – Monólogo do humorista Xan Veiga baixo o título “Aqueles maravillosos anos”

SORTEO DE 2 LOTES DE PRODUTOS. Donativo por cada papeleta: 1€. O sorteo será presencial

Torne de Baloncesto 3x3

O torneo de baloncesto 3x3 terá lugar a partires das 4 da tarde sendo a inscrición completamente gratuíta.

Para participar deberedes chamar ó teléfono 650186732, mandar un correo electrónico a correo@zarracos.org ou simplemente estar presente na pista deportiva minutos antes do inicio da competición.

Os equipos poderán ser mixtos e deberán estar compostos por un mínimo de 3 compoñentes e un máximo de 5.

O número máximo de equipos participantes será de 8.

Ó remate da competición realizarase un concurso de triples.

Haberá trofeos para o primeiro e segundo clasificado do torneo de baloncesto 3x3 e para a persoa gañadora do concurso de triples.

Se existisen cativos interesados en xogar realizarase unha pequena competición infantil con agasallos para os máis pequenos.

 

24 de Marzo do 2019




Destacamos