Grazas a limpeza realizada polo persoal do obradoiro de emprego do Concello da Merca
Ó longo da presente e da pasada semana operarias e operarios do obradoiro de emprego do Concello da Merca procedían a limpar profundamente a fonte “Candóniga” do pobo de Zarracós, e abofé que o resultado é realmente espectacular tal e como se pode observar nas fotografías axuntas a este artigo, sen dúbida un gran traballo o que realizaron.
Como remate deste artigo, queremos deixar unha pequena historia. Nos últimos tempos debátese moito sobre a Galicia rural, o despoboamento e a España baleira, non hai tantos anos a situación na que chegou a estar esta fonte era impensable, pois todos os anos os veciños e veciñas do pobo se encargaban de limpala e as súas augas eran tan apreciadas que estaban (e están) repartidas en quendas que permitían regar un dos terreos máis produtivos e fértiles do pobo, hoxe están sen labrar.
02 de Abril do 2019