Balance económico da obra e da inauguración do campo da festa

Faltaron por cubrir 2.012,74€ que se asumiron con cargo ós fondos da asociación

Balance económico da obra e da inauguración do campo da festa
Balance económico da obra e da inauguración do campo da festa

Balance económico da obra e da inauguración do campo da festa

Nas imaxes axuntas a este artigo, podedes ver o balance económico da festa de inauguración realizada o pasado sábado, día 4 de maio de 2019, e tamén das obras que a Asociación de Veciños tivo que asumir para rematar a remodelación do campo da festa.

Así por unha banda, a festa de inauguración tivo un custe total de 1.662,70€ , mentres que os arranxos necesarios para rematar a obra ascenderon a 2.234,74€. En total os gastos ascenderon a 3.897,44€.

No que atinxe ós ingresos, vendéronse un total de 245€ de papeletas para o sorteo de dous lotes de productos, obtívose unha subvención da Deputación de Ourense para a Charanga Achicoira de 250€ e racadouse un total de 1.390€ en donativos, o que supón uns ingresos totais de 1.885€.

Resumindo, para asumir os gastos derivados da obra e da festa de inauguraicón houbo que coller de fondos 2.012,74€.

Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso agradecemento a todos os veciños e veciñas da parroquia que fixeron posible levar adiante estas dúas actuacións.

08 de Maio do 2019




Destacamos