As alumnas e alumnos de pandeireta de Zarracós participaron na edición de despedida da Noite de Fiadeiro en Vilavidal (Ramirás)

Organizada polo grupo Rebulir, tivo lugar o pasado sábado día 11 de maio de 2019

As alumnas e alumnos de pandeireta de Zarracós participaron na edición de despedida da Noite de Fiadeiro en Vilavidal (Ramirás)

O pasado sábado, día 11 de maio, as alumnas e alumnos do curso de iniciación a pandeireta e canto tradicional de Zarracós actuaron por segundo ano consecutivo na XII+I Noite de Fiadeiro en Vilavidal (Ramirás), na que foi a súa derradeira edición. Unha vez máis, convidados polo grupo Rebulir de Cultura Tradicional interpretaron tres cancións populares: Cantar da vendima, O cantar do arrieiro e Pasodobre de Bembibre. Así, nunha fantástica e soleada tarde de primavera e ante unha carpa ateigada de xente desexosa de gozar da festa, estes amosaron a súa faceta máis artística, a pesares dos nervios, para logo recibir o agarimoso aplauso do público presente,  entre o que se atopaban moitos veciños da zona.

Dende a asociación de veciños non podemos máis que felicitar unha vez máis ó grupo Rebulir polo excepcional traballo realizado para organizar unha noite de fiadeiro con tanta calidade, e como non expresarlle o noso máis sincero agradecemento a Cristina, a profesora de pandeireta, polo convite, pola súa entrega, pola súa dedicación, pola súa profesionalidade e polo excepcional trato ofrecido.

A continuación deixámosvos os vídeos da actuación da actuación:

13 de Maio do 2019




Destacamos