7,15,17 e 24 de agosto en Zarracós, Entrambosríos, Corvillón e Pazos de Olás respectivamente
Da colaboración entre a AAVV San Pedro de Olás, a AAVV Santa Mariña de Entrambosríos, a AAVV Santa María Nai de Corvillón, a AAVV San Andrés de Zarracós e o Concello de A Merca (Concellería de Participación Cidadá Cultura e Deporte) chega a III Olimpíada Rural de A Broa que se desenvolverá durante o mes de agosto nas catro parroquias da marxe esquerda do río Arnoia.
Ó longo de catro xornadas os máis pequenos da contorna poderán gozar da práctica de distintos deportes en equipo, así como, doutros de estilo máis tradicional.
A participación será completamente gratuíta para aquela xente miúda que se anime a asistir e dende a organización encargarémonos de ofrecer agasallos, así como, a merenda: bocadillo, froita, refrescos, auga....
Mércores 7 de Agosto sede Zarracós
Lugar e hora: Campo da festa de Zarracós ás 19.00 horas
Nesta primeira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica de distintos deportes e xogos tradicionais, hoxe case esquecidos: a ra, a chave, a porca, os sacos, os zancos, os aros, os bolos, a turra-soga, as buxainas, a comba...
Nota: para aqueles familiares e veciños que vos animedes a acompañar ós rapaces e rapazas comunicarvos que teremos bar no campo da festa da man de Churrería As Maravillas.
Mércores 15 de Agosto sede Entrambosríos
Lugar e hora: Campo da festa de Entrambosríos ás 19.00 horas
Nesta segunda xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é o do baloncesto, así como, doutros xogos variados.
Sábado 17 de Agosto sede Corvillón
Lugar e hora: Campo da festa de Corvillón ás 19.00 horas
Nesta terceira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é o do voleibol, así como, dunha pequena andaina polos camiños máis singulares da parroquia.
Sábado 24 de Agosto sede Pazos de Olás
Lugar e hora: Campo de xogos de Pazos de Olás ás 17.00 horas
Nesta cuarta e derradeira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica doutro deporte en equipo como é o do fútbol-lameiro, así como, unha carreira de obstáculos.
Colaboran: