Campo da festa de Zarracós, mércores 7 de agosto do 2019, ás 22.15h. Entrada libre
Tres anos despois da súa primeira actuación en Zarracós, Cándido Pazó volve ó campo da festa da parroquia para facernos rir co seu novo monólogo: “Así mo contaron... así o conto”, por iso, se vos gustou na primeira ocasión non vos perdades a segunda, por que as risas están máis que aseguradas.
Será o mércores, día 7 de agosto, ó remate da primeira xornada da III Olimpíada Rural da Broa, máis ou menos a iso das 22.15h e como sempre a entrada será de balde.
Por certo, un ano máis tamén teremos servizo de bar a cargo de Churrería As Maravillas, así que ide apuntade a cita no voso calendario.
Aquí vos deixamos un par de vídeos para que rememoredes a súa primeira actuación:
24 de Xuño do 2019