Esta semana quedaron instaladas as porterías de fútbol sala no campo da festa de Zarracós. Dende a asociación de veciños tratouse de buscar unha solución que permitise xogar indistintamente ó baloncesto ou ó fútbol sala. Así, ideouse un sistema para fixar as porterías contra á base das canastas evitando que poidan caer, pero ó mesmo estas poden xirar arredor da canasta, deixando completamente libre a pista de baloncesto.
Polo tanto, se queremos xogar ó fútbol sala, non hai máis que coller a portería entre dúas persoas e xirala para colocala diante da canasta e se queremos xogar ó baloncesto, a operación inversa.
14 de Xullo do 2019