Esta familia leva máis de 20 anos vindo ás festas de Zarracós e perderon todas as súas pertenzas no incendio da súa vivenda
Tamara, Fernando e toda a súa familia levan acudindo ás festas da parroquia de Zarracós dende hai máis de 20 anos cos seus postos de feira: inchables, camas elásticas, tiro, mesas de aire.... polo que son sobradamente coñecidos por todos nos.
Pois ben, na madrugada do pasado martes, día 10 de setembro, esta familia perdeu todas as súas pertenzas no incendio que se declarou na vivenda na que residían en Taboadela, tal e como podedes ver na seguinte noticia do Telexornal da TVG:
http://www.crtvg.es/informativos/arde-por-completo-unha-casa-en-taboadela
Dende a Asociación de Veciños puxémonos en contacto co Concello de Taboadela para ver en que podiamos axudarlles e hoxe fixéronnos chegar a seguinte información. Así, o ente municipal ven de abrir a seguinte conta bancaria en Abanca: ES92 2080 5258 6430 4014 6260 para que todos aqueles que poidan e queiran colaborar realicen a súa doazón.
De antemán grazas a todas aquelas persoas que se animen a arrimar o ombreiro e axudar a esta familia.
12 de Setembro do 2019