Aviso: Restauración retablo Virxe das Neves

Aviso: Restauración retablo Virxe das Neves

A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós comunica a todos os seus membros que na Asemblea Xeral realizada o pasado domingo, día 29 de setembro do 2019, decidiuse restaurar o retablo da Virxe das Neves, optando por adxudicar a obra á empresa ARTE3 (de Ourense) por un importe total de 4.324,85€.

Para tal restauración, existe unha doazón previa de 475€ do xa falecido Modesto Pérez García de Salpurido. Así mesmo, acordouse establecer unha cota de 40€ por familia asociada, aínda que tamén será ben recibido calquera donativo.

Toda aportación económica rexistrarase no libro de contas destinado a tal efecto, quedando así constancia de tal xesto ás vindeiras xeracións.

Do mesmo xeito, tamén se entregará un recibo: datado, numerado e selado pola asociación, quedando así constancia do pagamento ou da doazón.

Unha vez finalizada a restauración do retablo, exporanse as debidas contas nos distintos taboleiros de anuncios da parroquia.

Poderán realizar o seu pagamento ou doazón xunto ó secretario (José Manuel) durante as fins de semana ou a través da conta bancaria da asociación: ES26 2080 5316 1130 4000 3294 (ABANCA), especificando o seu nome e apelidos.

Atentamente

A Xunta Directiva

30 de Setembro do 2019




Destacamos