Dende o 1 ata o 18 de decembro recolleremos alimentos para o Bancos de Alimentos de Ourense
Nos últimos catro anos e grazas a enorme xenerosidade de todas e todos, fomos capaces de entregar ó Banco de Alimentos de Ourense e a Cáritas Ourense preto de 300 quilogramos de alimentos cada ano. Así, iniciamos a quinta edición da campaña "Ante a adversidade, solidariedade" coa que en colaboración co noso párroco Don Miguel Blanco recolleremos alimentos para doar ó Banco de Alimentos de Ourense dende o 1 ata o 18 de decembro do 2019.
Dende a ONG informánnos que o que máis necesitan nestres intres son: leite, aceite, galletas, cacao en polvo, alimentos infantiles (potitos, papillas, leite en po,...) e produtos de nadal, pero tamén serán ben recibidos calquera tipo de alimento non perecedeiro.
A fame non se ve, colabora!
14 de Novembro do 2019