O Concello da Merca limpa a cuneta entre os pobos de Salpurido e Cobas do Río

Esta era unha vella demanda dos veciños do lugar e tamén desta asociación de veciños

O Concello da Merca limpa a cuneta entre os pobos de Salpurido e Cobas do Río
O Concello da Merca limpa a cuneta entre os pobos de Salpurido e Cobas do Río

O Concello da Merca limpa a cuneta entre os pobos de Salpurido e Cobas do Río
O Concello da Merca limpa a cuneta entre os pobos de Salpurido e Cobas do Río

Ó longo da pasada semana, a brigada de obras do Concello da Merca, axudados dunha excavadora e dun camión, procedían a realizar a limpeza da cuneta entre os pobos de Salpurido e Cobas do Río, cumprindo así coa solicitude feita polos veciños destas dúas aldeas e tamén por esta asociación de veciños.

Ata a semana pasada, a cuneta acumulaba bastante terra, polo que estaba prácticamente ó mesmo nivel que a estrada, o que tiña como consecuencia que a auga baixaba directamente polas rúas de Cobas do Río, causando problemas ós veciños do lugar. Coa limpeza deste tramo de cuneta, esta cumple coa súa misión e conduce a auga ata o regueiro de Fontao, evitando así, que unha importante cantidade de auga baixe polas rúas deste pobo.

18 de Decembro do 2019




Destacamos