Unha trintena de persoas gozaron da proxección do documental Emprendemento nas Terras de Celanova

O evento tivo lugar o pasado domingo día 29 de decembro do 2019

Unha trintena de persoas gozaron da proxección do documental Emprendemento nas Terras de Celanova
Unha trintena de persoas gozaron da proxección do documental Emprendemento nas Terras de Celanova

O pasado domingo, día 29 de decembro do 2019, unha trintena de persoas acudiron ata o local sociocultural de Zarracós para gozar da proxección do documental Emprendemento nas Terras de Celanova.  Nesta peza audiovisual realizada pola produtora Xurdir en colaboración coa Mancomunidade Terra de Celanova amósase a problemática da crise e do despoboamento do rural, así como, a visión de distintos empresarios da nosa comarca sobre a mesma.

Así, e aínda que moitos dos asistentes non tiñan a idade máis axeitada para emprender, non impediu que estes gozasen do filme e esbozasen un sorriso ó ver a numerosos rostros coñecidos e de seguro que algunha idea en limpo puideron quitar.

Dende aquí queremos dar as grazas a produtora Xurdir por deixarnos emitir o seu documental e tamén a todas aquelas persoas que se animaron a asistir. No 2020, seguramente proxectaremos algún documental máis.

31 de Decembro do 2019




Destacamos