Diversas aclaracións sobre a restauración do retablo da Virxe das Neves

Diversas aclaracións sobre a restauración do retablo da Virxe das Neves

Ante a multitude de preguntas que temos recibido nos últimos días sobre a restauración do Retablo da Virxe das Neves, escribimos o seguinte artigo para aclarar todas estas cuestións e  describir a situación actual do proceso.

Primeiro punto: Con data 11 de outubro do 2019 entregouse no Bispado de Ourense a instancia para solicitar os permisos correspondentes desta entidade eclesiástica.

Segundo punto: Con data 29 de outubro do 2019 recibiuse a autorización por parte do Bispado de Ourense para poder acometer a obra.

Terceiro punto: Con data 20 de decembro do 2019 o Bispado de Ourense presentou ante a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Educación e Cultura (Xunta de Galicia) o escrito para solicitar a autorización da obra por parte desta administración pública.

Na actualidade: está presentada toda a documentación requirida e estamos agardando pola correspondente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Unha vez que teñamos a resposta positiva deste ente público, será cando a empresa ARTE-3 inicie os traballos na igrexa parroquial.

Por último, e no que atinxe a situación económica, a asociación de veciños leva recadado o 87,15% do orzamento total da obra, polo que aínda queda por xuntar o 12,85% restante , é dicir, uns 560€.

Dende aquí queremos animarvos a que sigades colaborando con esta iniciativa de recuperación do patrimonio e dada a realidade todos temos que ser pacientes, dado que os tempos da administración (Patrimonio) son lentos debido a cantidade de expedientes a resolver.

Moitas gracias pola vosa comprensión e colaboración.

27 de Xaneiro do 2020




Destacamos